Declaración de Accesibilidade

O Instituto Xeográfico Nacional comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de conformidade co Real decreto 1112/2018 (abre en xanela nova) , do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web http://eclipses.ign.es e exclúe os contidos que procedan doutros dominios.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co Real decreto 1112/2018 (abre en xanela nova) debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible debido á falta de conformidade co Real decreto 1112/2018 (abre en xanela nova) .

  • Algunhas imaxes non están etiquetadas ou teñen unha alternativa textual xenérica (9.1.1.1-A).
  • Algúns grupos de imaxes non teñen unha descrición grupal (9.1.1.1-D).
  • Algunhas imaxes significativas incorporan textos só representados na imaxe (9.1.4.5-A e 9.1.4.11-A).
  • Algúns contidos en movemento non incorporan elementos de control para deter a presentación (9.2.2.2-A).
  • Nalgunha páxina non se indica o contido nunha lingua diferente á establecida por defecto, de forma parcial ou total (9.3.1.1-A).
  • Pode haber fallos puntuais de edición nalgunha páxina web, como anidamento incorrecto de páxinas, presenza dalgún enlace roto, parágrafos sen o marcado correcto, ou algún salto nos niveis de encabezado entre as distintas seccións.
  • Pode haber documentos ofimáticos en PDF ou outros formatos que non cumpran os requisitos de accesibilidade porque fosen elaborados unicamente con obxecto de presentar determinada información visualmente.

Carga desproporcionada

Non aplica.

O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable

  • Poderían existir documentos ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade.
  • Pode haber contidos de terceiros que non estean desenvolvidos por esta organización nin baixo o seu control e aos que se poida acceder mediante ligazóns desde este sitio web.

Preparación desta declaración de accesibilidade

Esta declaración foi preparada o 04 de marzo de 2025.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo.

Última revisión da declaración: marzo de 2025

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real decreto 1112/2018 (abre en xanela nova), como por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

A través do seguinte correo electrónico: ign@transportes.gob.es ou no seguinte teléfono: +34 91 597 95 14, así como a través da oficina de atención ao cidadán do ministerio.

Pode presentar:

  • Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018
  • Unha solicitude de información accesible relativa a:
    • Contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido polo artigo 3, número 4.
    • Contidos que están exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impor unha carga desproporcionada.

A través da Solicitude de información accesible e queixas da Sede electrónica do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, así como do resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As comunicacións, queixas e solicitudes de información accesible serán recibidas e tratadas polo Instituto Xeográfico Nacional, entidade responsable da xestión e mantemento do sitio web.

Procedemento de reclamación

Se unha vez realizada unha solicitude de información accesible ou queixa, esta fose desestimada, non se estivese de acordo coa decisión adoptada, ou a resposta non cumprise os requisitos previstos no artigo 12.5, a persoa interesada poderá iniciar unha reclamación. Igualmente, poderase iniciar unha reclamación no caso de que transcorrese o prazo de vinte días hábiles sen ter obtido resposta.

A reclamación pode ser presentada a través do procedemento de reclamación en materia de accesibilidade da Sede electrónica do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible, así como no resto de opcións recollidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As reclamacións serán recibidas e tramitadas pola Dirección Xeral de Organización e Inspección do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible.

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do Real decreto 1112/2018 (abre en xanela nova) entrou en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

Este sitio web aplica os requisitos da Norma UNE-EN 301549:2022 considerando as excepcións do RD 1112/2018.

A última revisión da accesibilidade realizouse en marzo de 2025.

O sitio web está optimizado para os navegadores Microsoft Internet Explorer 11.0 ou versións superiores e as últimas versións vixentes de Firefox, Safari, Opera e Google Chrome. A resolución mínima recomendada é de 1280×1024.

O sitio web está deseñado cunha interface adaptable, co que se visualiza de forma óptima nos dispositivos tabletas e móbiles.

O Instituto Xeográfico Nacional ten como obxectivo principal que o seu sitio web sexa todo o accesible e usable posible. Por iso, deseñouse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación coa accesibilidade, para o cal se realizan revisións previas a cada publicación de novos contidos.

En calquera caso, o portal é parcialmente accesible e por iso é posible que atope algunha páxina que non se adapte ao 100% aos estándares.