Nesta sección proporciónase información e recursos para profesorado que queira tratar o tema das eclipses na aula.
Libro: AstraExplorer. O Sol, a Lúa e as eclipses
Caderno infantil de actividades para nenas e nenos a partir de 6 anos no que aprenderán sobre o Sol, a Lúa e as eclipses de xeito divertido a través de xogos e experimentos. Acompaña á astronauta AstraExplorer e ao seu can Rocket a descubrir os segredos do Sol, a Lúa e eses fenómenos tan especiais que son as eclipses e aprende coas actividades propostas e comproba as túas respostas coas solucións que as acompañan no reverso das follas. Intercalados ás actividades atoparás varios experimentos e outras actividades manipulativas para que te divirtas aprendendo e ao final do caderno inclúense tamén recortables e adhesivos que necesitarás nalgunhas das actividades, así como algúns adhesivos extras para que poidas usalas onde ti queiras.
Caderno: O trio de eclipses con AstraExplorer
Caderno pequeno de actividades no que a astronauta AstraExplorer xunto co seu can Rocket ensinan conceptos sobre as eclipses e por que serán tan especiais os que veremos en España proximamente, ademais ensínante a crear a túa caixa de eclipses.
Xogos de astronomía
|
|
|
|---|
Fichas de actividades: Descubre os eclipses
Estas fichas propoñen actividades sobre os eclipses dirixidas ao alumnado. A través de exercicios prácticos, estúdase a dinámica do sistema Sol-Terra-Lúa, como se producen os eclipses solares e lunares, os seus tipos e as formas seguras de observalos. Con ilustracións e fotografías, fomentan a comprensión deste fenómeno astronómico e o interese pola ciencia de maneira dinámica, promovendo a investigación e o pensamento crítico. O seu contido intégrase facilmente no currículo educativo e ofrece ao profesorado un recurso didáctico útil para reforzar as súas clases.
|
|
|
|
|
|---|